.

.

.

el sabroso oficio / del dulce mirar GóngoraWie schwer es ist, die Schönheit zu begreifen! Günter Eich

viernes, 27 de junio de 2014

Paco Campos - 'Cousas de D. Venturiña'



"Cousas de D. Venturiña" es uno de los relatos del libro escrito por Paco Campos, que se titula O fillo de Maciste. La edición de Edicións Galebook (2013) es un audiolibro: presenta, además del texto en gallego, traducciones al castellano y al inglés, y podemos oír la voz del autor en el CDROM incluído. Ainda mais, el libro está ilustrado por Jorge Vázquez Carmona.

A modo de introducción, para mejor sumergirnos en el ambiente de los cuentos, retiro estas palabras del Limiar:

O val de Iorres, a actual Valdeorras, é o verdadeiro protagonista destes contos, dándolle unidade e soporte aos diferentes personaxes e historias que me propuxen urdir e trenzar a xeito de tapiz.

Iorres, terra de contrastes desde  o caudaoso Sil, encaixado entre canóns, onde ainda non hai moito as "aureanas" peneiraban as áreas dos aluvións na procura das pebidas de ouro, deica os cumes de Pena Trevinca, o teito galego, salferida de lagoas glaciares con nomes máxicos: Lagoa da Serpe, Lagoa do Ocelo, ou fragas míticas coma o Teixadal.

Hortas e prados na ribeira, viñedos e soutos (cada vez máis escasos por mor dos lumes salvaxes), piñeirais e aldeas que aganchan polas ladeiras até chegar ao monte aberto: os dominios da uz, a carqueixa e o lobo.

(...)

Iorres é "o meu pequeno selo de correos", como o era para o mestre Faulkner aquel condado sureño de nome imposible.


Y éste es el comienzo de "Cousas de D. Venturiña", que dejo así, en gallego.


“O río ó ras / cheo d-auga e destino ó paso / flue flumen / pr-onde foi o sol xa tragado...”, lembraba D. Venturiña os versos do seu bo amigo o poeta Novoneyra, que tantas vezes se aloxara no seu vetusto pazo, mentres contemplaba, case que hipnotizado, o lento fluír do Sil cara ao solpor. Sentado á súa mesa de sempre na atalaia privilexiada do vello casino, pasaba as horas: un par de cafés con leite e prensa (local, rexional e nacional, porque os seráns de inverno eran moi longos e alí tiñan boa calefacción), así como vagarosos e saboreados cigarros, engastados na embocadura de prata e marfil coas iniciais B.R.V., é dicir: Buenaventura Raxoá e Vitureira, coñecido por todos en Iores como D. Venturiña, o derradeiro señor do pazo d’Os Chaos, en estado tan escanastrado e ruinoso (pero ao mesmo tempo digno) coma o seu dono.

Viúvo dende había moito tempo, sen filhos, a súa figura inconfundible, ergueita e esguía, de vello fidalgo, lucindo a capa negra de pano de Béjar coa cruz de Santiago na lapela, era familiar nas ruas de Viladoval, capital de Iorres. Todos o saudaban cordialmente e pra todos tiña D. Venturiña algún detalle erudito, algunha saída ou anécdota que ía alén dos límites do crible e que se desculpaba co comentario habitual de “cousas de D. Venturiña”.

O seu único inimigo declarado moraba no pazo situado na outra aba do val, era D. Alfonso, da liñaxe dos Nóvoa, que a finais do século XIX salvaran os mobles emparentando cos Somoza, tendeiros enriquecidos que comezaran sendo uns vulagares arrieiros adicados ao tráfico de mercadorías entre a Maragatería, no páramo leonés, e Galicia. O vello fidalgo, que dicía estar emparentado de lonxe co Marqués de Bradomín, definía os Nóvoa-Somoza cun contundente e desprezativo “son patulea”.




3 comentarios:

Anónimo dijo...



Unha ledicia o livro de Paco, o mesmo cas súas músicas,unha voz que chega lonxe...

María

Paco Campos dijo...

glupssss....


Paco

El transcriptor dijo...

Ó Paco, o prometido é devido, não é? :)

Unha aperta